Secretaría Uvigo - Estudo aerodinámico mediante CFD do fondo dun monoplaza de F1 segundo a normativa do 2022

Estudo aerodinámico mediante CFD do fondo dun monoplaza de F1 segundo a normativa do 2022

Data de defensa17/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Christian Gil Pereira
Cotitoría: Jesús Vence Fernández
Tribunal Vogalía: Javier Martínez Torres
Presidencia: María Cristina Trillo Yáñez
Secretaría: María del Carmen Somoza López
ResumoO proxecto comeza co deseño dun monoplaza de F1 seguindo a normativa FIA do ano 2022, utilizando o software SOLIDWORKS 2018, debido á ausencia de deseños CAD 3D en internet. O interese principal é o estudo e análise do comportamento do fondo do dito monoplaza.

O proceso de deseño desenvolveuse seguindo a citada normativa e utilizando como apoio fotos do túnel de vento do prototipo empregado pola FIA para ensinalo aos diferentes equipos presentes na competición. Unha vez se completou o dito deseño, comenzan os labores de análise CFD utilizando ANSYS 19.2.

En primeiro lugar, repáranse pequenos erros xeométricos do deseño en SOLIDWORKS utilizando as ferramentas de SpaceClaim. A continuación, realízase o pechamento da xeometría nun volume de control xeral e créanse dous volumes de control internos, nos que se realizará un mallado máis fino para obter resultados máis fiables.

Posteriormente, faise unha valoración dos resultados obtidos, efectuando modificacións no fondo do vehículo para tratar de optimizalo.
Volver