Secretaría Uvigo - Estudo do comportamento fluido-dinamico dun coiling nun aneurisma

Estudo do comportamento fluido-dinamico dun coiling nun aneurisma

Data de defensa17/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Eduardo Suárez Porto
Tribunal Vogalía: Javier Martínez Torres
Presidencia: María Cristina Trillo Yáñez
Secretaría: María del Carmen Somoza López
ResumoAs aneurismas son unha dilatación permanente coa forma dun globo na parede dun vaso sanguíneo debido a unha debilitación da mesma orixinada polo fluxo púlsatil do sangue. Co tempo podería romperse provocando unha hemorraxia mortal. Unha intervención non quirúrxica consiste na introdución dun coiling para reducir a presión sanguínea a través da aneurisma e así evitar a súa rotura.
Neste proxecto estudiarase o comportamento do sangue ao seu paso por una aneurisma cun coiling no seu interior mediante un modelo fluido-dinámico realizado co software Ansys. Ademais, empregarase o programa de diseño SolidWorks para a creación do propio coiling. Para a simulación usarase un modelo de aneurisma real baixado do repositorio AneuriskWeb e supoñerase un fluxo laminar no newtoniano para o sangue.
As simulacións levarán a unha resposta do efecto do coiling no interior dunha aneurisma tanto dende o punto de vista estrutural como médico.
Volver