Secretaría Uvigo - Deseño e cálculo dunha estrutura de adestramento multifunción para uso doméstico.

Deseño e cálculo dunha estrutura de adestramento multifunción para uso doméstico.

Data de defensa17/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: David Suárez Eiroa
Cotitoría: Natalia Cid Rodríguez
Tribunal Presidencia: Fernando Cerdeira Pérez
Secretaría: José Ángel López Campos
Vogalía: Noelia Bazarra García
ResumoO obxectivo deste proxecto é a realización do deseño dunha estrutura de adestramento multifunción que cubra as necesidades de calquera atleta destinado principalmente a un uso doméstico. Búscase realizar unha estrutura o máis completa e económica posible, xa que é un nicho de mercado pouco explotado e en auxe debido a pandemia mundial na que nos atopamos dende o pasado ano.
En primeiro lugar, realizarase unha busca entre os distintos provedores existentes tanto para a materia prima, barallando distintos materiais, como para os elementos comerciais necesarios, contactando con istos e utilizando os seus catálogos.
Posteriormente, avalíase que elementos son máis útiles e deséñanse buscando a mellor calidade-prezo. Traballase con SolidWorks, barallándose a implementación de distintos procesos de soldadura e corte máis económicos para obter un produto competitivo.
O resultado do deseño estará formado por unha estrutura principal básica, a que se lle poden engadir distintos accesorios, tales como unha estrutura para realizar fondos e un sistema de empuxes vertical, entre outros.
Todos os elementos son analizados mediante simulacións de cargas e esforzos, para comprobar a durabilidade e resistencia de todas as partes.
O produto final poderase personalizar ao gusto do atleta que o solicite, xa que está deseñado para ter unha estrutura básica a cal se lle poderán engadir diferentes accesorios, incrementando ou diminuíndo o seu prezo, reflexando todas as opcións no presuposto.
Volver