Secretaría Uvigo - Estudo e deseño dun panel solar de ACS mediante termosifón.

Estudo e deseño dun panel solar de ACS mediante termosifón.

Data de defensa17/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Luis González Cespón
Tribunal Presidencia: Fernando Cerdeira Pérez
Secretaría: José Ángel López Campos
Vogalía: Noelia Bazarra García
ResumoEste traballo consiste no deseño e estudo dun panel solar de auga quente sanitaria (ACS). Este prototipo, está integrado maiormente con elementos reciclados, outros de baixo coste e de fácil acceso. Para o desenvolvemento deste proxecto utilízase: botellas de plástico de auga vacías (1.5L), tubería de PVC, diversos tipos de conectores de tubería, depósito e mangueira flexible. Despois de realizalo deseño, móntase a estructura, verifícase o circuito, e rexístranse os valores da temperatura obtidos no interior do depósito, ó longo do mes de maio do 2020. Nun primeiro estudo, valoraranse os datos recollidos só para un par de botellas conectadas en serie ó depósito deseñado. Para a segunda fase, auméntase a superficie de captación ó dobre para poder comparar cos datos do primer estudo. Esto permitirá poder chegar a unha aproximación real dos datos co panel solar final. Finalmente, avalíanse os resultados obtidos para unha vivenda unifamiliar que dispón dun sistema de ACS, composto por unha caldeira de gasificación mediante biomasa.
Volver