Modelos de autenticidade alimentaria para viños con denominación de orixe
Data de defensa | 17/09/2021 |
Titulación | Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos |
Centro | Facultade de Ciencias |
Dirección |
Cotitoría: Gonzalo Astray Dopazo Titoría: Juan Carlos Mejuto Fernández |
Tribunal |
Vogalía: Nuria Vila Romeu Presidencia: Nelson Pérez Guerra Secretaría: Ana María Torrado Agrasar |
Resumo | Na actualidade, a calidade dos alimentos é unha característica de gran importancia para os consumidores, polo que é importante evitar prácticas fraudulentas ó fin de preservar a seguridade e a orixe dos produtos alimentarios. No mundo do viño, a orixe do mesmo repercute directamente no prezo dos diferentes caldos, polo que é de vital importancia asegurar a súa procedencia. Neste Traballo de Fin de Grao hanse elaborado diferentes modelos de aprendizaxe automático baseados en máquinas de soporte vectorial (SVM -support vector machine-), bosques aleatorios (RF -random forest-) e redes neuronais artificiais (ANN -artificial neural network-), para poder determinar Denominacións de Orixe (DOs) galegas, e diferenciar a Denominación de Orixe Valdeorras, doutras mostras de viño. Para elo usaranse os datos do contido de metais e metaloides dos diferentes viños dispoñibles. Os resultados dos estatísticos utilizados permiten interpretar que os procesos de aprendizaxe automático estudiados poden ser útiles para labores de autenticidade alimentaria cando se dispón dun número de mostras adecuado. |