Secretaría Uvigo - Aplicación da técnica do Ganglio Sentinela en cancro de pene e vulva. Situación actual da técnica e aplicación no Hospital Rivera Povisa.

Aplicación da técnica do Ganglio Sentinela en cancro de pene e vulva. Situación actual da técnica e aplicación no Hospital Rivera Povisa.

Data de defensa16/09/2021
TitulaciónGrao en Enfermaría
CentroEscola Universitaria de Enfermaría Povisa
Dirección Titoría: Ceferino Gutierrez Mendiguchía
Tribunal Presidencia: Vicente Suárez González
Vogalía: Alfonso García Suárez
Secretaría: Alfonso Eduardo Maldonado Arroyo
ResumoINTRODUCIÓN: A técnica de Biopsia Selectiva do Ganglio Sentinela presenta unha gran aplicación no cancro de mama e melanoma principalmente, non sendo común noutro tipo de neoplasias. Esta revisión bibliográfica trata de analizar a técnica no cancro de pene e vulva, xa que os tratamentos empregados en ambas as neoplasias, conlevan unha linfadecnectomía radical da área correspondente (na súa maioría da área inguinal superficial), que en moitos casos é completamente innecesaria. A técnica de linfadenectomía radical consiste na extirpación da cadea de ganglios dunha área concreta, o cal conleva unha elevada morbilidade evitable nos pacientes.
OBXECTIVOS: Esta revisión bibliográfica, tratou de analizar a aplicabilidade e resultados da técnica de BSGC no cancro de vulva e pene.
METODOLOXÍA: Para levar a cabo a revisión, recorreuse a revistas e estudos científicos dispoñibles en diversas bases de datos, como Pubmed, Dialnet, Medes e Scielo. Á súa vez, levou a cabo unha análise de datos da base anonimizada do Servizo de Medicina Nuclear do Hospital Rivera Povisa entre os anos 2015 e 2020.
RESULTADOS: Nos estudos analizados observouse unha alta taxa de aplicación da técnica nos pacientes (93-97%), así como unha menor morbilidade naqueles pacientes tratados mediante a BSGC fronte a aqueles nos que se aplicou tratamento convencional ( linfadenectomía radical regrada). Á súa vez, a supervivencia a longo prazo foi do 95% dos pacientes, diminuíndo considerablemente naquelas pacientes con cancro de vulva con afectación clitoriana.
CONCLUSIÓN: Unha vez analizados os diversos resultados obtidos, confirmouse a validez da aplicación de @dicha técnica tanto no cancro de vulva como no cancro de pene, aínda que esta require maior investigación e un estandarización da técnica, así como a introdución de novos avances.
6PALABRAS CHAVE: Ganglio Sentinela - Cancro de pene - Cancro de vulva - Biopsia Selectiva do Ganglio Sentinela ? Linfadenectomía ? Medicina Nuclear.
Volver