Secretaría Uvigo - Desenvolvemento dun módulo electrónico con conexión de Bus CAN para o control da interface do condutor nun coche Formula Student

Desenvolvemento dun módulo electrónico con conexión de Bus CAN para o control da interface do condutor nun coche Formula Student

Data de defensa16/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Camilo Quintáns Graña
Tribunal Secretaría: Juan Manuel Berea Cruz
Presidencia: Rafael Verdugo Mates
Vogalía: José Ignacio Iglesias Prado
ResumoA Formula Student é unha competición universitaria a nivel internacional na que os equipos de distintas universidades compiten no deseño, fabricación e posta a punto dun vehículo monopraza. A Universidade de Vigo conta co equipo UVigo Motorsport, que leva competindo desde 2014.
Actualmente o deseño do seu monopraza conta cunha unidade de control do motor MoTeC M84, a cal permite o equipo a monitorización do estado e o mapeo do motor. Ademais, conta cun Data Logger EV05 de AIM encargado do rexistro das variables do vehículo.
Proponse, en xeral, mellorar o control electrónico desenvolvendo módulos intelixentes interconectados polo bus CAN.
Concretamente, neste TFG desenvolvese un módulo electrónico con conexión de Bus CAN para o control da interfaz de piloto.
Volver