Secretaría Uvigo - Control dun convertedor trifásico con funcionalidade de formador de rede e protección contra sobrecargas mediante limitación de corrente.

Control dun convertedor trifásico con funcionalidade de formador de rede e protección contra sobrecargas mediante limitación de corrente.

Data de defensa16/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Jesús Doval Gandoy
Cotitoría: Diego Pérez Estévez
Tribunal Secretaría: Juan Manuel Berea Cruz
Presidencia: Rafael Verdugo Mates
Vogalía: José Ignacio Iglesias Prado
ResumoDeseño e desenvolvemento do control dun convertedor trifásico que poda formar unha rede de alterna de voltaxe e frecuencia determinados e que incorpore unha protección de sobre corrente. Para alcanzar este obxectivo, o alumno familiarizarase coas técnicas de control lineal mediante a lectura de bibliografía. Para levar a cabo o deseño e implantación do control empregaranse as ferramentas de cálculo MATLAB e Simulink.
Por último, validarase experimentalmente o controlador deseñado empregando unha montaxe composta por un convertedor electrónico de potencia, que consiste nunha placa con transistores de Carburo de Silicio, e unha plataforma de control embebido do fabricante dSpace. Para interconectar a plataforma de control co convertedor, o alumno realizará unhas tarxetas de enlace óptico para adaptar e conectar a tarxeta de control co convertedor e tamén unhas tarxetas con sensores para medir voltaxes e correntes, así como realizar a manobra eléctrica con contactores, para facer as manobras de arranque e de probas.
Volver