Secretaría Uvigo - Entorno integrado de impresión 3D para materiais reciclados na industria marítima.

Entorno integrado de impresión 3D para materiais reciclados na industria marítima.

Data de defensa17/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Mecatrónica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Julio Garrido Campos
Tribunal Vogalía: Marcos López Lago
Presidencia: José Fariña Rodríguez
Secretaría: Enrique Paz Domonte
ResumoOs residuos plásticos son un dos principais problemas para o coidado do medio ambiente mariño que moitos proxectos intentan dar resposta dende distintos puntos de vista. Entre eles, o proxecto europeo CircularSeas pretende fomentar o desenvolvemento de industrias marítimas máis ecolóxicas, capaces de dar unha nova vida aos plásticos mediante a súa reciclaxe en filamentos para impresión 3D.
Porén, as facilidades que ofrece esta tecnoloxía á hora de realizar pequenas tiradas de fabricación de pezas ou de creación de prototipos, máis utilizada en outros sectores como a automoción ou medicina, nunca foi unha cuestión importante para este sector. O interrogante que aparece nestas circunstancias é como adaptar a impresión 3D para este novo escenario, facendo que os usuarios podan adoptar unha Economía Circular de forma viable para dar cabida ao plástico reciclado na súa cadea de produción. Das primeiras fases de desenvolvemento do proxecto, e dadas as particularidades propias das empresas e posibles usuarios do entorno marítimo portuario, quedou patente a necesidade de dispor dun servizo sinxelo de impresión que facilite o traballo a persoal non experto nesta tecnoloxía. A isto hai que sumar a complexidade introducida polo feito de non traballar con filamentos estándar.
Nese sentido, o presente Traballo Fin de Mestrado trata de dar unha solución para abordar e adaptar a variabilidade e complexidade desta nova forma de producir pezas con filamentos reciclados. Asemade, e como caso específico de investigación, preténdese analizar a viabilidade do uso da Impresión 3D ante as condicións que poden aparecer na produción a bordo.
Volver