Secretaría Uvigo - Deseño, montaxe e programación dunha aeronave non tripulada (dron)

Deseño, montaxe e programación dunha aeronave non tripulada (dron)

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Manuel Pérez Cota
Tribunal Presidencia: Enrique Paz Domonte
Secretaría: María Rodríguez Damian
Vogalía: Ángel Paredes Galán
ResumoO traballo consiste na construción e deseño dun dron cuadricóptero e na programación dunha controladora de voo baseada en Arduino, centrándose principalmente na montaxe de todos os compoñentes electrónicos, programación da controladora e de outras funcionalidades do dron.
Con isto, o interese do traballo radica en afondar de maneira práctica nos coñecementos sobre microcontroladores, programación e integración de elementos nun sistema real.
Nel abarcase a construción paso por paso da aeronave, a instalación de todos os compoñentes electrónicos (unidade de medida inercial, variadores de velocidade, receptor de radiocontrol, etc.) nun circuíto electrónico soldado nunha PCB de prototipado, que xunto cun Arduino Mega formen a controladora de voo.
Por outro lado, tamén serán empregados deseño e impresión 3D para realizar certas pezas e elementos de soporte para compoñentes, o que permite sumar coñecementos nestas outras áreas.
Unha vez acadado o obxectivo principal e contando xa cun dron operativo, serán avaliadas outras posibles funcionalidades a engadir, como poden ser: incluír un soporte (gimbal) articulado e autonivelado para unha cámara de vídeo, realizado con impresión 3D; a instalación de un sistema de visión en primeira persoa (FPV) para axudar na pilotaxe do dron e a realización de un sistema de telemetría (o que permite coñecer en tempo real certos parámetros do voo) con módulos de transmisión-recepción por radio, deseñando tamén unha aplicación con interface gráfica que será executada no PC do usuario para visualizar os datos.
Volver