Secretaría Uvigo - Posta en marcha de Robot Delta. Aplicación Pick and Place prototipo con cintas transportadoras.

Posta en marcha de Robot Delta. Aplicación Pick and Place prototipo con cintas transportadoras.

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Julio Garrido Campos
Tribunal Presidencia: Enrique Paz Domonte
Secretaría: María Rodríguez Damian
Vogalía: Ángel Paredes Galán
ResumoO proxecto consiste na realización física da instalación eléctrica e a posta en marcha dunha aplicación Pick and Place para un robot tipo Delta. A instalación consta dunha zona de traballo, onde se ubican tanto o Robot como os demais compoñentes empregados para a aplicación, con dúas cintas transportadoras controladas por variadores, e un sensor para a detección de obxectos ubicados nas cintas. Noutra zona está o cadro eléctrico, onde se atopan os dispositivos de control e a alimentación.
A comunicación e sincronización dos elementos da zona de traballo co dispositivo de control (autómata), efectúase a través dun bus EtherCAT e a do Delta mediante EtherNET/IP.
O software empregado para o desarrollo da aplicación son o IDE Sysmac Studio e a plataforma de xestión ACE, ambos programas de Omron, que integran lóxica, visión, HMI, seguridade e simulación no ámbito da robótica.
A aplicación consiste en programar unha secuencia Pick and Place empregando linguaxe de programación en Texto Estructurado(ST) seguindo o estandar IEC 61131-3 para PLC e linguaxe de programación eV+ desarrollada por Omron. A tarefa do robot consiste na recollida de pezas con diferentes formas xeométricas que aparecen por unha das cintas, cando éstas son captadas polo detector, o agarre das pezas realízase mediante unha ventosa, e posteriormente posiciónanse na outra cinta para ser retiradas.
Volver