Secretaría Uvigo - Estudo do fenómeno de resonancia dun eixo en voladizo mediante análise numérica e comparativa experimental

Estudo do fenómeno de resonancia dun eixo en voladizo mediante análise numérica e comparativa experimental

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Pablo Izquierdo Belmonte
Cotitoría: Pablo Yáñez Alfonso
Tribunal Secretaría: Román Xosé Carballido Gay
Presidencia: Rafael Comesaña Piñeiro
Vogalía: Fernando Agustín Ribas Pérez
ResumoActualmente, a industria da automoción conta cunha gran presenza en todo o mundo, tanto a nivel económico, como a nivel tecnolóxico. Nos últimos anos están comezando a ter presencia na industria das motocicletas sistemas basculantes cun eixo en voladizo, buscando un aforro nos costos da produción, así coma unha redución da masa non suspendida nas motocicletas.
Nesta industria resultan fundamentais os procesos tanto de deseño, coma de validación de novos compoñentes que se axusten ás demandas do mercado.
Estas variacións no deseño implican a necesidade da validación da resistencia dos componentes fronte a axentes de desgaste, como pode ser a fatiga mecánica. Resulta importante determinar as frecuencias de resonancia dos compoñentes, xa que é a estas frecuencias de operación onde se produce un maior deterioro por fatiga mecánica.
Este proceso de validación vese encarecido á hora de realizar ensaios en laboratorios, ao tratarse dun proceso longo que esixe un elevado número de horas de ensaio para cada compoñente.
O obxectivo deste estudo consiste na avaliación das técnicas de simulación do fenómeno de resonancia, mediante software de simulación estrutural. Os resultados desta simulación compáranse cos resultados obtidos experimentalmente nun laboratorio. Finalmente, estúdase a capacidade destas técnicas de obter resultados axustados á realidade, podendo obter un punto de partida para suxerir melloras no deseño sen necesidade de realizar ensaios en laboratorio para cada variación do deseño de partida.
Volver