Secretaría Uvigo - Deseño dun mecanismo de empuxe vectorial para un foguete experimental (AER).

Deseño dun mecanismo de empuxe vectorial para un foguete experimental (AER).

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Enrique Casarejos Ruiz
Tribunal Presidencia: Rafael Comesaña Piñeiro
Vogalía: Fernando Agustín Ribas Pérez
Secretaría: Román Xosé Carballido Gay
ResumoEste proxecto final de grao consiste no deseño dun mecanismo de empuxe vectorial para un foguete experimental.
Hoxe en día, a maioría dos foguetes de afeccionados usan superficies de control aerodinámicas para controlar a súa estabilidade.
O propósito dos sistemas de empuxe vectorial é axustar a dirección de empuxe do motor do foguete, co fin de controlar a súa estabilidade e dirección, mellorando os sistemas de control tradicionais. Para iso, utilizan elementos móbiles que manipulan a dirección do fluxo dos gases de combustión.
Os foguetes experimentais (Amateur Experimental Rocketry) son foguetes fabricados polos propios fans desta modalidade.
Unha posible clasificación dentro do foguete experimental podería ser a través da potencia do propio foguete (xeralmente mediante unha letra que varía de A a O). O foguete a controlar correspondería en potencia a un foguete de alta potencia, unha clasificación creada para motores de clase H ou superior.
Para iso, empregando software de deseño mecánico (CAD) e combinándoo con software de elementos finitos (FEM), o mecanismo será modelado, deseñado, simulado e optimizado, adaptándoo ás necesidades do foguete experimental.
Finalmente, analizarase e avaliarase o funcionamento do mecanismo e extraeranse conclusións.
Volver