Secretaría Uvigo - Prevención laboral nas pemes: seguridade e hixiene

Prevención laboral nas pemes: seguridade e hixiene

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Dirección de PEMES
CentroFacultade de Comercio
Dirección Titoría: Alicia Trinidad González-Portela Garrido
Tribunal Titoría: Alicia Trinidad González-Portela Garrido
ResumoO número de persoas falecidas en España no ano 2020 como consecuencia da realización de tarefas e funcións relacionadas cos seus postos de traballo aumentaron en 13 persoas en relación co ano 2019. Así, como se mostra no seguinte gráfico, no último ano o número de traballadores e traballadoras que perderon a vida como consecuencia de lesións laborais ascenderon a 708 persoas. Ao longo do presente traballo, analizarase con detalle o que é un accidente de traballo e cales son as causas máis frecuentes destes. Segundo os datos do Ministerio de Traballo e Economía Social, o sector servizos é o sector que representa un maior número de traballadores. Non obstante, destaca que as empresas dedicadas á construción, industria ou a agricultura son as que anotan un maior número de accidentes laborais graves e incluso algúns con vítimas mortais.
En xaneiro do presente ano o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo publicou que o tecido empresarial español está formado por un total de 2.884.713 empresas das cales 2.879.948 son pequenas e medianas empresas, en diante Pemes. Como xa se mencionou anteriormente e pódese ver na seguinte táboa, a actividade económica da maioría das empresas españolas clasifícase no sector servizos, seguida das empresas que se dedican aos sectores da construción e industrial (sector secundario).
As pemes na economía española teñen un gran peso xa que representan máis do 90% do tecido empresarial, de aí a importancia que estas teñan concretado na súa cultura organizativo que é esencial priorizar a prevención no traballo.
Este traballo final de Master, a partir de aquí TFM, centrarase nas medidas preventivas que debe aplicar unha empresa dedicada ó sector da construcción, concretamente ás actividades de pintura exterior e interior, que recibirá o nome de "Reformas de Pintura Alexandra Pintos, Sociedade Limitada Unipersonal?(R.E.P.A.P, S.L.U.).
Antes de comentar o plan de acción e as regras que a empresa debe seguir neste asunto de Prevención de Riscos Laborais, farase fincapé no marco legal onde se desenvolve os dereitos e deberes ou obrigas para cada unha das partes implicadas na unión laboral como pode ser a Constitución española de 1978, O Estatuto dos traballadores de 1980 ou a Lei de Prevención de Riscos Laborais (LPRL).
En relación co establecemento dunha cultura preventiva adecuada, é esencial que a totalidade equipo que forma unha empresa, desde o xestor ata o recén chegado a mesma, se comprometan a que todas as súas accións se centren en facer o seu traballo pero cumprindo todas as medidas de seguridade.
A pesar de que os accidentes de traballo en España diminuíron en parte no último ano debido á case parálise da actividade económica que levou ao confinamento por parte do coronavirus entre os meses de marzo e maio, o número de accidentes de traballo con vítimas mortais, como xa se suxeriu anteriormente, ascenderon.
Dende o meu punto de vista, os retos na seguridade laboral son múltiples porque considero que moitos empresarios non lle dean a importancia que merece cando por mandato legal están obrigados a garantir actividades preventivas, centrándose unicamente na obtención de beneficios económicos. Por esta razón, estou satisfeita de que este TFM que documenta unha breve presentación dun módulo tan amplo e complexo como é a prevención de riscos laborais sirva de apoio para que entendamos que primar seguridade e a saúde nos postos de traballo
de traballo non é sinónimo de custo ou desperdicio económico.

PALABRAS CHAVE.
Prevención, seguridade, saúde, traballador, empresario.
Volver