Secretaría Uvigo - Rediseño del software y aplicación de mejoras funcionales de un banco de ensayos utilizado para la caracterización de válvulas de sistemas EGR

Rediseño del software y aplicación de mejoras funcionales de un banco de ensayos utilizado para la caracterización de válvulas de sistemas EGR

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: Francisco Poza González
Titoría: Vicente Pastoriza Santos
Tribunal Presidencia: Luis Eduardo Eguizábal Gándara
Secretaría: Xosé Manuel López Fernández
Vogalía: Enrique Soto Campos
Vogalía: Jorge Marcos Acevedo
Vogalía: Manuel Pérez Donsión
ResumoEste Traballo Fin de Máster (TFM) será realizado en colaboración cunha empresa do sector da automoción, BorgWarner Emissions Systems Spain S.L, concretamente no Centro Técnico de Vigo (Spain Technical Centre) que se dedica ao desenrolo e deseño de produtos. O traballo desenvolverase na área de validación e ensaios, onde se realizan todas aquelas probas de fiabilidade e verificación que se levan a cabo antes da fabricación en serie dos produtos.
O proxecto nace da necesidade de mellorar e actualizar un equipo específico utilizado para a caracterización de válvulas de sistemas EGR. Este equipo consiste nun banco de ensaios que foi deseñado e ensamblado nun centro técnico de Alemaña hai algúns anos, polo que, na actualidade, presenta una serie de deficiencias referidas a software, hardware e funcionamento xeral que a empresa quere arranxar.
Nunha primeira fase do proxecto, vaise realizar unha análise do estado actual do banco co que se pretende comprender o seu mecanismo de funcionamento e o procedemento de ensaios. A partires desta análise establécese o punto de partida e as posibles melloras do sistema.
A continuación, comézase coa reestruturación e simplificación da cablaxe xa que o banco de ensaios dispón dun gran número de compoñentes non utilizados que se empregaban para outros ensaios anteriores. Por outra parte, procédese ao etiquetado dos cables e á creación de esquemas eléctricos que permitan coñecer mellor o funcionamento do banco.
A seguinte fase será a creación dunha nova ferramenta de software baseada en LabVIEW que substitúa á actual que hoxe en día se atopa obsoleta. Esta nova ferramenta incorporará novas funcionalidades e tipos de medida que mellorarán a caracterización das válvulas e permitirán coñecer parámetros ata agora non analizados.
Por último, levaranse a cabo tarefas para verificar o bo funcionamento do banco e crearase un procedemento para a comprobación dos compoñentes do mesmo no futuro.
Palabras chave: LabVIEW, banco de ensaios, caracterización, EGR, validación
Volver