Secretaría Uvigo - Sistema para detección e recoñecemento de identificador en materias primas de entrada ao proceso produtivo.

Sistema para detección e recoñecemento de identificador en materias primas de entrada ao proceso produtivo.

Data de defensa17/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Jacobo Porteiro Fresco
Tribunal Presidencia: Antonio Riveiro Rodríguez
Vogalía: Félix Quintero Martínez
Vogalía: José Antonio Pérez García
Vogalía: José Manuel Santos Navarro
Secretaría: Elena Beatriz Martín Ortega
ResumoO proxecto a desenvolver englóbase dentro dos sistemas de control e automatización dunha fábrica de laminado de aceiro nos EEUU. Consiste no deseño e despregamento dun sistema para detectar e recoñecer dentificadores presentes en palanquillas (grandes barras de aceiro) á entrada dun tren de laminación. O identificador está composto por unha serie de díxitos alfanuméricos estampados nunha superficie irregular de difícil lectura. Mediante un sistema de adquisición composto por sensores láser, flashes cos seus correspondentes controladores e cámaras, tómanse imaxes dos identificadores das palanquillas ao seu paso pola entrada do tren.
A complexidade do proxecto reside na avaliación e a súa posterior integración de diferentes algoritmos de Deep Learning, procesamento gráfico e criptografía capaces de procesar as imaxes e obter o código identificador dun xeito robusto, cumprindo as especificacións do proxecto (taxa de acertos, tempo de cadencia, etc). Os algoritmos de detección compílanse xunto con todos os procedementos necesarios para formar un programa executable nunha PC industrial. Xunto co sistema de adquisición de datos, tómanse as imaxes necesarias, os identificadores son procesados e comunicados aos autómatas de control a través do protocolo de comunicación requirido.
Ao implementar o sistema de recoñecemento de identificadores, aumenta a trazabilidade de posibles defectos de calidade no produto laminado, podendo identificar a orixe das palanquillas defectuosas se fose necesario. O proxecto está concibido de tal xeito que se pode despregar remotamente, tendo custos contidos.
Volver