Secretaría Uvigo - Desenvolvemento dun modelo conceptual de prótese de man pediátrica avanzada para a obtención dun produto comercial de altas prestacións

Desenvolvemento dun modelo conceptual de prótese de man pediátrica avanzada para a obtención dun produto comercial de altas prestacións

Data de defensa17/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Enrique Paz Domonte
Tribunal Vogalía: Amador Rodríguez Diéguez
Presidencia: Celso Fernández Silva
Vogalía: José Ignacio Armesto Quiroga
Secretaría: Blanca Nieves Miranda Blanco
Vogalía: Andres Augusto Nogueiras Meléndez
ResumoNeste traballo pretendese desenvolver o modelo conceptual dunha prótese de man pediátrica avanzada que permita facilitar a obtención dun produto comercial totalmente funcional, para isto seguiranse as etapas que se mostran a continuación.
En primeiro lugar, recompílase información sobre a problemática que se pretende resolver e a biomecánica da man humana, definindo así as principais funcionalidades que se perden coa súa carencia e as estruturas que poden servir de apoio na inclusión da prótese. En segundo lugar, documéntanse os modelos funcionais, tanto comerciais como de investigación, e clasifícanse estes atendendo a varias características (mecánicas, de control, funcionais, etc.), desta forma reseñase a oferta existente no campo de estudo. Paralelamente ao estudo dos modelos, buscase información das alternativas tecnolóxicas que puidesen dar resposta ás funcionalidades demandadas polos usúarios, pretendendo así anticiparse ás necesidades que se puidesen atopar en etapas posteriores do proxecto e dispor de diferentes posibilidades.
Rematada a etapa de busca de información técnica, contactase con asociacións e usuarios que poidan ofrecer información sobre a sua experiencia cos modelos do mercado, as súas necesidades e os problemas que sofren, esta fase inclúe a planificación das reunións con guións e diagramas de fluxo, buscando obter a información que se precisa.
O coñecemento da situación técnica e do mercado, xunto coa información transmitida polos usuarios permiten definir as características e funcionalidades que o modelo debe ter e cales son as limitacións técnicas presentes. Desta forma pódese iniciar a etapa de deseño electrónico e mecánico, buscando alcanzar as características descritas na etapa anterior.
Paralelamente á etapa de deseño iniciase a fabricación de prototipos que pretenden probar as alternativas tecnolóxicas que se poden utilizar para dar resposta ás funcionalidades requeridas e realimentar con información ao deseño.
Na etapa final resúmese toda a información obtida durante o proceso de definición de características e durante as etapas de deseño e fabricación de prototipos, obtendo as conclusións que axudarán a evolución do produto en etapas posteriores do desenvolvemento, permitindo así alcanzar o obxectivo final, desenvolver o modelo conceptual dunha prótese de man pediátrica avanzada de forma que nun futuro facilite a obtención dun produto comercial totalmente funcional.
Volver