Secretaría Uvigo - Contaxe de taboleiros mediante técnicas de visión artificial.

Contaxe de taboleiros mediante técnicas de visión artificial.

Data de defensa17/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Enrique Paz Domonte
Tribunal Vogalía: Amador Rodríguez Diéguez
Presidencia: Celso Fernández Silva
Vogalía: José Ignacio Armesto Quiroga
Secretaría: Blanca Nieves Miranda Blanco
Vogalía: Andres Augusto Nogueiras Meléndez
ResumoNa empresa madeireira FINSA, dedicada entre outras cousas á fabricación de taboleiro
aglomerado, algúns taboleiros son descartados durante o proceso de arrefriado por presentar
defectos . A meirande parte das veces isto queda reflectido no sistema, mais en ocasións
obtéñense lotes con menos taboleiros dos esperados. Para evitar isto é preciso un sistema
redundante que verifique que o número de taboleiros apeados coincide coas especificacións
do pedido antes de partir cara o almacén. As solucións baseadas en medir a altura do lote e
dividir entre o espesor resultan pouco robustas debido a existencia de tapas superior e/ou
inferior de calibre variable e non recollido na base de datos. Por este motivo, tras explorar
outras alternativas, proponse o uso de técnicas relacionadas coa visión artificial. O proxecto
consistirá no desenvolvemento dun algoritmo sólido que calcule a cantidade de taboleiros
mediante imaxes, a integración do mesmo nunha aplicación cunha interface de usuario que
permita realizar as accións básicas e axustar parámetros e finalmente implantar o sistema na
liña de produción.
Volver