Secretaría Uvigo - Novas profesións dixitais

Novas profesións dixitais

Data de defensa16/09/2021
TitulaciónGrao en Comercio
CentroFacultade de Comercio
Dirección Titoría: María de los Angeles Sandoval Pérez
Tribunal Titoría: María de los Angeles Sandoval Pérez
ResumoO presente traballo céntrase no estudio e análise das novas profesións dixitais e como afectan a nosa vida a aparición das novas tecnoloxías. U obxectivo é dar a coñecer as profesións dixitais aparecidas tras a era da transformación dixital así como da manifestación das profesións dixitais máis polémicas. Para iso, analizaremos o contexto da transformación dixital por tódolos puntos, dende a invención da imprenta ata os nosos días. Coñeceremos, tamén, os cambios xeracionais e as brechas dixitais aparecidas tras a era da dixitalización e como todo isto provoca cambios nos mercados laborais. Veremos o impacto das novas tecnoloxías nos nosos fogares, estudiaremos os cambios de tempo e comodidade nas xornadas laborais completas, así como a aparición do teletraballo ou a teledocencia, mostrando tamén os puntos bos e malos que estas trouxeron. Daremos unha pequena lección sobre Redes Sociais, como funcionen e como nos afecta a nós como sociedade consumidora. Ademais coñeceremos a aparición do comercio electrónico analizando a fondo as súas vantaxes e desvantaxes. E, por último, trataremos as profesións dixitais no seu estudio máis profundo, coñecendo e entendendo cada unha delas e explicando por qué, algunhas delas, causaron tanta controversia e conmoción nos mercados económicos, especialmente no español.


Palabras Clave
? Profesión.
? Transformación.
? Dixitalización.
? Tecnoloxía.
Volver