Secretaría Uvigo - Consumo de pescado e marisco na Dieta Atlántica Galega e a súa importancia na obesidade

Consumo de pescado e marisco na Dieta Atlántica Galega e a súa importancia na obesidade

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Nutrición
CentroFacultade de Ciencias
Dirección Titoría: Federico Mallo Ferrer
Cotitoría: Manuel Portela Collazo
Tribunal Presidencia: Federico Mallo Ferrer
Secretaría: Lucas Carmelo González Matías
Vogalía: Carlos Spuch Calvar
ResumoA dieta de Galicia caracterízase pola abundancia de alimentos de tempada, de produción local, pola elaboración sinxela e saudable e por dar protagonismo a peixes e mariscos. A preocupación pola saúde e a alta prevalencia da obesidade, onde os hábitos alimenticios teñen un papel determinante, dan relevancia á necesidade de que a poboación se alimente dun xeito equilibrado e de acordo coas súas necesidades. Peixes e mariscos compóñense de proteína de alta calidade e teñen, en xeral, una baixa densidade calórica; ademais son fonte exclusiva dalgúns nutrientes con importancia metabólica e hormonal, entre os que se atopan os ácidos graxos omega 3, diversas vitaminas ou minerais e compostos como o iodo, cinc, ferro, selenio ou taurina. Estes produtos da pesca, polo seu perfil nutricional, preséntanse como alimentos con potenciais beneficios tanto na prevalencia como no tratamento da obesidade. No contexto da Dieta Atlántica Galega este traballo afonda nalgúns dos nutrientes destes alimentos e o seu papel na obesidade.

Palabras clave: Pescado, marisco, Dieta Atlántica Galega, obesidade
Volver