Secretaría Uvigo - Deseño e estudio da fabricación de paredes sobre base cilíndrica mediante WAAM (Wire Arc Additive Manufacturing)

Deseño e estudio da fabricación de paredes sobre base cilíndrica mediante WAAM (Wire Arc Additive Manufacturing)

Data de defensa17/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Alejandro Pereira Domínguez
Tribunal Presidencia: Pablo Izquierdo Belmonte
Vogalía: José Luís Diéguez Quintas
Secretaría: José Enrique Ares Gómez
ResumoA fabricación aditiva gañou forza na industria nos ultimos anos sendo unha interesante alternativa aos metodos convencionais de fabricación, sobre todo nos sectores aeroespaciais e o da medicina. Esta tecnoloxía consiste na fabricación de pezas mediante a adición capa a capa do material, o cal é suministrado en forma de fío ou po, ata formar a peza completa. Un destes procesos é o WAAM (Wire Arc Additive Manufacturing), o cal consiste na apilación de cordóns de soldadura por arco mediante un fío metálico. Como esta é una tecnoloxía relativamente xoven, carece de normalización nos procesos de deseño e fabricación. Polo tanto, requírense estudios e análises para avanzar nos coñecementos sobre esta tecnoloxía.

Este TFG (Traballo Fin de Grado) ten o obxectivo de estudar o uso do método WAAM na fabricación de paredes sobre unha base cilíndrica, analizando como afectan os diferentes parámetros. Para logralo combínanse o uso da soldadura GMAW con un brazo robótico.

Previo a realización dos diferentes ensaios, é necesario programar e simular as trayectorias do robot mediante o software Delmia. Os primeiros ensaios realizanse dunhas poucas capas variando parámetros de movemento, así como diferentes estratexias de deposición. Trala realizacion dos ensaios previos, escollense os parámetros que tiveron mellores resultados e realizanse os ensaios finais, que constan dun maior número de capas ca os anteriores, modificando os tempos de espera entre a deposición das diferentes capas. Durante estos ensaios utilizase unha cámara termográfica para analizar a influencia térmica dos tempos de espera. Trala fabricación analízase a xeometría das paredes soldadas cos diferentes parámetros utilizados.

Finalmente expoñense os datos obtidos e coméntanse as conclusións obtidas coa realizacion deste proxecto e das liñas de investigación a seguir neste campo.
Volver