Secretaría Uvigo - Deseño dunha maqueta funcional (FMI) para un sistema de transporte de pezas en cabeza.

Deseño dunha maqueta funcional (FMI) para un sistema de transporte de pezas en cabeza.

Data de defensa17/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Gerardo Peláez Lourido
Tribunal Presidencia: Pablo Izquierdo Belmonte
Secretaría: José Enrique Ares Gómez
Vogalía: José Luís Diéguez Quintas
ResumoO deseño de bancos de ensaio a escala é unha das liñas de traballo con maior tradición na enxeñaría. Este proxecto está vinculado a esta liña de investigación aplicada. Nel redeseñase un sistema de transporte de pezas en cabeza. O novo deseño mecánico mellora o sistema existente, aproveitando totalmente as posibilidades do software de deseño asistido por computador. O proxecto céntrase tanto no deseño como no análise dinámico do sistema mecánico. Neste último xorde a ecuación de momentos respecto a un punto que non é o centro de masas nin tampouco un pivote fixo, senón que se despraza co elemento móbil da guía lineal. Polo cal, adáptase a ecuación de momentos de forma axeitada, para obter a expresión analítica da frecuencia natural da carga multicorpo suspendida. Este resultado contrástase con medidas experimentais de sinais dinámicas propiciada por sensores -encoder-, incorporados no deseño mecánico. As discrepancias entre ambas son razoablemente asumibles.
Volver