Secretaría Uvigo - Estudo estrutural optimizado dunha grúa hidráulica mariña.

Estudo estrutural optimizado dunha grúa hidráulica mariña.

Data de defensa16/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica (Curso Ponte)
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Carlos Caamaño Martínez
Cotitoría: Ricardo Javier Bendaña Jácome
Tribunal Presidencia: Enrique Casarejos Ruiz
Vogalía: Jacobo González Baldonedo
Secretaría: Luís Miguel Caride Tesouro
ResumoTrátase de realizar un estudo estrutural para o deseño optimizado dunha grúa plegable articulada para embarcacións.

Partindo dun concepto existente de grúa articulada, intentarase mellorar o deseño dos seus principais elementos estruturais. Para iso, empregarase toda a metodoloxía necesaria para deseñar unha máquina, desde a hipótese de carga ata o dimensionamento dos seus distintos compoñentes.

Coa optimización dos principais elementos estruturais, intentarase reducir o peso dos seus elementos principais sen influír negativamente na súa resistencia e comportamento. Para iso, empregarase unha ferramenta para o cálculo de elementos finitos e consideraranse cambios de material, cambios de grosor e incluso modificacións de determinadas xeometrías.

Non se tratará de deseñar todos e cada un dos elementos dunha grúa, aínda que o foco centrarase naqueles elementos onde a mellora poida ser máis significativa para a estructura.

Para o estudo estrutural, os traballos levaranse a cabo tendo en conta a normativa vixente para grúas marítimas de uso xeral UNE-EN 13852.
Volver