Secretaría Uvigo - Modelado e procedemento de fabricación dunha estrutura de aeronave ultralixeira de ala baixa.

Modelado e procedemento de fabricación dunha estrutura de aeronave ultralixeira de ala baixa.

Data de defensa16/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: Ricardo Javier Bendaña Jácome
Titoría: Rafael Comesaña Piñeiro
Tribunal Secretaría: Luís Miguel Caride Tesouro
Presidencia: Enrique Casarejos Ruiz
Vogalía: Jacobo González Baldonedo
ResumoDentro do ámbito do deseño e fabricación de aeronaves ultralixeiras podemos atopar numerosos casos de aeronaves de fabricación de baixo coste, habitualmente en madeira de grao aeronáutico e outros materiais lixeiros. Nalgúns casos o deseñador prové dos planos e instrucións de fabricación ao cliente, que pode realizar a construción da súa propia aeronave de forma autónoma e legalizar o voo da misma mediante sinxelos controis por parte da autoridade competente en cada país. Sen embargo, a maioría destes casos teñen a súa procedencia dos anos 80, non respondendo nin o seu cálculo estrutural nin a súa fabricación aos medios actuais.

O obxectivo do presente Traballo Fin de Grao é a realización do modelado CAD e a realización da documentación necesaria para a fabricación dunha aeronave ultralixeira (Jodel D-18) partindo dos planos orixinais en soporte papel. Procédese á modelación, á simulación e ao ensaio dunha aeronave cuxo precedente ten orixe nuns planos do ano 1985. Debido a isto, lévase a cabo cambios nas instrucións orixinais para adaptalas aos métodos máis actuáis e axustalas aos recursos dos cales dispóñese.
Volver