Secretaría Uvigo - Estudo da aplicación dunha lipase inmovilizada para a produción dun biocombustible.

Estudo da aplicación dunha lipase inmovilizada para a produción dun biocombustible.

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: María Asunción Longo González
Cotitoría: María Salomé Álvarez Álvarez
Tribunal Secretaría: José Manuel Canosa Saa
Vogalía: Andrés Moure Varela
Presidencia: Marta María Pazos Currás
ResumoO biodiésel destaca por ser un tipo de biocombustible que, ademais de renovable, tamén ofrece a posibilidade de ser usado nos motores actuais sen apenas modificacións. É sintetizado mediante reaccións de transesterificación entre triglicéridos e alcohois de cadea curta coa axuda dun catalizador, neste caso encimático. Neste traballo, en primeiro lugar, analizouse a actividade do encima inmobilizado empregado para ver a súa resistencia aos alcohois empregados, metanol e etanol. A continuación, realizouse a síntese de biodiésel a diferentes concentracións de encimas, variando tamén a relación molar entre o aceite de xirasol e os dous alcohois, para seleccionar a condición máis favorable. Posteriormente, buscando optimizar a reacción, investigouse a influencia do contido de auga, o tempo de reacción e a temperatura de incubación. Finalmente, intentouse reutilizar o encima empregado por dous métodos: empregándoo directamente despois do seu primeiro uso e someténdoo previamente a un lavado con auga para eliminar parte da glicerina producida.
Volver