Secretaría Uvigo - Análise e mellora do indicador da OEE dunha prensa de estampaxe metálica nunha empresa auxiliar do sector do automóvil mediante a aplicación de ferramentas Lean

Análise e mellora do indicador da OEE dunha prensa de estampaxe metálica nunha empresa auxiliar do sector do automóvil mediante a aplicación de ferramentas Lean

Data de defensa17/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Organización Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Arturo José Fernández González
Tribunal Presidencia: Jesús García Arca
Vogalía: Gema Álvarez Llorente
Secretaría: Iván González Boubeta
ResumoO Traballo de Fin de Grao elaborarase nunha empresa multinacional especialista en revestimentos superficiais para automoción con fins de protección, funcionais e de aspecto. Dentro da empresa teñen unha unidade complementaria de transformación metálica e ensamblaxe onde se desenvolverá todo o proxecto, dunha forma tanto teórica como práctica aplicando os coñecementos adquiridos durante o grao.
Ao estar actualmente desenvolvendo a miña actividade laboral na devandita empresa uno dos meus obxectivos consiste na análise diaria do indicador da OEE por cada estación de traballo que conforma a unidade de produción. Esta análise marcoume como obxectivo principal deste proxecto mellorar a OEE dunha das estacións, concretamente nunha prensa progresiva de transformación metálica, xa que está a resultar bastante crítica para a empresa, tanto pola súa baixa produción o número de pezas que fabrica como pola calidade das mesmas.
Para mellorar dita OEE primeiramente analizarase e investigará onde se producen as maiores perdas de rendemento, tempo e calidade dos produtos que se fabrican nela e posteriormente as accións que se executarán para solucionar ou diminuír devanditos inconvenientes que fan que o rendemento non sexa o desexado pola empresa.
As accións que nas primeiras análises mellorarían o indicador da OEE nun menor tempo e dunha maneira máis eficaz serían:
- Aplicar técnicas SMED, debido á cantidade de tempo que leva cada cambio de referencia nas prensa e a diminución de capacidade e flexibilidade produtiva que isto conleva.
- Aplicar outras ferramentas do Lean Manufacturing como as 5 S para estandarizar e organizar o posto, tendo como obxectivo que a unidade de produción traballe da mellor maneira posible reducindo o desperdicio tanto en tempo como en pezas non conformes que non pases os estándares de calidade.
Ao pertencer a empresa a un sector tan esixente como é a automoción é de vital importancia optimizar o proceso realizado nesa estación de traballo e desta maneira tamén conseguir unha mellor adaptación a novas esixencias que poidan xurdir no futuro e seguir sendo competitivos.
Volver