Secretaría Uvigo - Deseño, desenvolvemento e implantación dun sistema de xestión da calidade nunha empresa de mobilidade eléctrica

Deseño, desenvolvemento e implantación dun sistema de xestión da calidade nunha empresa de mobilidade eléctrica

Data de defensa17/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Organización Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Arturo José Fernández González
Tribunal Presidencia: Jesús García Arca
Vogalía: Gema Álvarez Llorente
Secretaría: Iván González Boubeta
ResumoO presente traballo desenvólvese nunha pequena empresa galega do sector do automóbil, dedicada a proporcionar solución, chave en mano, de mobilidade eléctrica. A organización da empresa comezou a súa actividade no 2015 e hoxe conta cun total de 17 traballadores, incluíndo persoal externo e persoal en prácticas. Para a realización do traballo, e utilizando como base a ISO 9001, analizáronse os diferentes procesos da empresa, creando os procedementos necesarios para a súa correcta implantación. Tomouse como obxectivo a elaboración dun sistema claro e sinxelo, cuxo mantemento sexa sostible no tempo. Para este traballo elixíronse os procesos de instalacións, de mantemento e de venta directa, xa que son as principais fontes de ingresos da compañía. Unha vez redactados, os procedementos foron revisados pola dirección, realizando as melloras oportunas para adaptalos dunha mellor maneira o día a día da empresa. Dende a implantación do sistema de xestión da calidade, a finais de Xaneiro, recolléronse rexistros de todos os datos relativos a calidade dos procesos. A partir de ditos datos, creáronse indicadores que servirán para avaliar o desempeño do sistema de calidade. A dirección da empresa mostrouse moi involucrada en todas as etapas, dende a concienciación dos traballadores ata a realización das revisións dos procedementos, xa que forma parte da filosofía da compañía. O obxectivo final do proxecto será a aplicación das accións correctivas, preventivas e de mellora ó SGC, tendo en conta a participación dos traballadores, a satisfacción do cliente e a mellora continua.
Volver