Secretaría Uvigo - Plantexamento e simulación de escenarios para prácticas de Robótica Industrial.

Plantexamento e simulación de escenarios para prácticas de Robótica Industrial.

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Enrique Paz Domonte
Tribunal Secretaría: Antonio Barreiro Blas
Vogalía: Regina Ibáñez Paz
Presidencia: Julio Garrido Campos
ResumoO proxecto consiste no seguinte:
Primeiramente, plantexaranse diversos escenarios e circuitos de pezas entre os 8 robots, a levar a cabo no laboratorio de "Robótica Industrial", onde se realizarán as prácticas da asignatura.
Procurarase que os percorridos deseñados optimicen ao máximo posible os elementos dispoñibles no laboratorio, así como que sexan completos no uso dos coñecementos sobre programación que os alumnos acadaden nas clases de dita materia.
Modelaranse os periféricos e elementos auxiliares dos robots (cintas,etc...) necesarios en SolidWorks.
Por outro lado, estes robots e os periféricos serán distribuidos no laboratorio da forma que mellor permita levar a cabo ditos percorridos, aproveitando o espazo.
Por último, con toda a distribución feita e os percorridos plantexados, crearase un proxecto no software KUKA SimPro 3.1, onde se engadirán todos os elementos citados e se colocarán como se desexe.
Por último, pasarase a programar no SimPro os robots e os periféricos para a realización dos diferentes escenarios e se simularán , recollendo os resultados e documentando todo o proceso debidamente.
Volver