Secretaría Uvigo - Proxecto dunha instalación solar fotovoltaica de autoconsumo para o suministro de enerxía eléctrica a unha nave industrial

Proxecto dunha instalación solar fotovoltaica de autoconsumo para o suministro de enerxía eléctrica a unha nave industrial

Data de defensa17/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: Eloy Díaz Dorado
Titoría: Camilo José Carrillo González
Tribunal Secretaría: Bernardino Novo Ramos
Presidencia: José Fernando Manzanedo García
Vogalía: Bernardo José Parajo Calvo
ResumoO obxecto do presente proxecto é o de servir como Traballo final de Grao en Enxeñería de Tecnoloxías Industriais da Universidade de Vigo (UVIGO). Nel deséñase e dimensiona unha instalación solar fotovoltaica para autoconsumo eléctrico, localizada sobre a cuberta dun edificio existente, pertencente á empresa Cubercón Pontevedra, S.L., localizada no municipio de Pontecaldelas, Pontevedra.

Contén: Memoria descritiva (datos básicos e resumo de cada unha das partes contempladas), normativa de aplicación vixente, cálculos e xustificación de selección de equipos a empregar, prego de condicións técnicas (de montaxe e de mantemento) e anexos (planos, orzamento, e fichas técnicas).

As motivacións que levaron á empresa promotora á aplicación desta solución son as seguintes: Redución de emisións de efecto invernadoiro (CO2, NOx, SOx) mediante o emprego da enerxía eléctrica xerada de forma limpa e diminución de custos económicos asociados á compra de enerxía á comercializadora eléctrica.
Volver