Secretaría Uvigo - Descripción e análise de sistemas HVDC para un parque eólico mariño

Descripción e análise de sistemas HVDC para un parque eólico mariño

Data de defensa17/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Manuel Pérez Donsión
Tribunal Secretaría: Bernardino Novo Ramos
Presidencia: José Fernando Manzanedo García
Vogalía: Bernardo José Parajo Calvo
ResumoNeste traballo de fin de grao vaise realizar a análise e execución dunha conexión de enerxía eléctrica por corrente continua. Para este fin, decidiuse optar pola conexión dun parque eólico mariño coa rede de alterna terrestre.

Para realizar o proxecto, primeiramente, ofreceremos un marco teórico importante. Empezaremos por mencionar os tipos de enlaces eléctricos e a súa evolución ao longo da historia para, despois, explicar e analizar as conexións de enerxía por corrente continua de alta tensión (HVDC) as utilizadas no noso e na maioría de parques eólicos mariños, e comparalas coas clásicas transmisións de corrente alterna de alta tensión (HVAC). Tamén explicaremos o modo de funcionamento deste tipo de liñas así como todos os componentes electrónicos que precisaremos utilizar e o seu comportamiento habitual.

Posteriormente, falaremos dos parque eólicos mariños. En primeiro lugar, daremos exemplos dos máis importantes actualmente para, despois, facer un resumo dos seus elementos principais e de como funcionan normalmente. Todo esto poñéndoo nunha contextualización adecuada e mencionando as outras posibles formas de xerar enerxía.

Para finalizar, decidiremos a localización do parque dentro da costa galega tendo en conta as velocidades do vento, que teña unha boa entrada á costa ou factores medioambientais e de conservación do ecosistema. Situaremos a cantidade de aeroxeneradores decididos e a potencia xerada, así como o tipo de cables, a creación de subestacións ou o tipo de componentes electrónicos que utilizaremos.
Volver