Secretaría Uvigo - Atrezzo e escenografía románicos para unha historia épica levada ao cine: O Cid, 1961.

Atrezzo e escenografía románicos para unha historia épica levada ao cine: O Cid, 1961.

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónGrao en Xeografía e Historia
CentroFacultade de Historia
Dirección Titoría: Victoriano Nodar Fernández
Tribunal Titoría: Victoriano Nodar Fernández
ResumoAo longo da historia xurdiron unha serie de figuras cunhas características que destacaban sobre o resto da poboación. As súas fazañas transmitíronse mediante a tradición oral e escrita, así como na arte, ata lograr que a súa presenza chegase aos nosos días. Na metade do século XX, o mundo cinematográfico verá o potencial das historias destas figuras heroicas e levaraas a gran pantalla. Xorde deste modo o filme que plasmará a vida de don Rodrigo Díaz de Vivar, o Cid. Esta exitosa película, contará con un gran equipo artístico multicultural, que se inspirará na arte e nas paisaxes que ofrecía España, así como o continente europeo, para xerar un atrezzo e unha escenografía medievalizante, co fin de crear intencionadamente un mundo de cabaleiros facilmente recoñecido polas masas. Isto, sumado á participación de destacados estudosos da figura cidiana, levará ao filme a obter unha gran recepción, tanto por mostrar as fazañas desta figura, como por representar nela un enorme valor artístico.
Volver