Secretaría Uvigo - Prototipo de service mesh sobre Envoy

Prototipo de service mesh sobre Envoy

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Informática
CentroEscola Superior de Enxeñaría Informática
Dirección Titoría: Francisco José Ribadas Pena
Tribunal Titoría: Francisco José Ribadas Pena
ResumoUnha service mesh é unha capa dedicada de infraestrutura que podese usar para mellorar a observabilidade, seguridade e fiabilidade da comunicación entre servizos engadindo, de modo transparente, ditas funcionalidades na capa de infraestrutura no lugar da capa de aplicación.

O crecemento na adopción das service mesh está moi ligado o auxe das aplicacións "Cloud Native". Nun entorno "Cloud Native", unha aplicación pode conter centos de pequenos servizos; cada servizo pode ter moitas instancias/réplicas, e cada unha destas instancias pode mudar rápida e dinámicamente coa axuda dun orquestrador (coma Kubernetes).

Destacar que, a pesar do auxe das service mesh, a gran maioría das implementacións que compoñen o ecosistema teñen carencias. Moitas delas céntranse soamente en Kubernetes e requiren equipos que leven a cabo a súa instalación e mantemento pola súa alta complexidade.

Envoy é un proxy da capa de aplicación (capa 7) de código aberto, que se caracteriza por ser moderno, de gran rendemento e altamente configurable. Orixinalmente escrito e mantido por Lyft, na actualidade, Envoy conta cunha gran comunidade (tanto de usuarios coma de contributors) e forma parte da Cloud Native Foundation.

Neste contexto, decidiuse crear un prototipo de service mesh chamado Prototype que sexa de código aberto, fácil de usar/adoptar, minimalista e universal.

Para o desarrollo de Prototype utilizarase Envoy para realizar as operacións/xestións da capa de rede xa que as súas características son ideais para este tipo de traballo.
Volver