Secretaría Uvigo - Modelado e simulación numérica da acústica dunha bocina cerámica: estudo da influencia da xeometría

Modelado e simulación numérica da acústica dunha bocina cerámica: estudo da influencia da xeometría

Data de defensa17/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Matemática Industrial
CentroEscola de Enxeñaría de Telecomunicación
Dirección Cotitoría: Manuel Ángel Sobreira Seoane
Titoría: Guillermo García Lomba
Tribunal Presidencia: José Durany Castrillo
Vogalía: Fernando Varas Mérida
Secretaría: Íñigo Arregui Álvarez
ResumoEste proxecto nace da necesidade de Nacho Porto de caracterizar de xeito obxectivo as súas bocinas cerámicas.

Así, mediante a medición e modelado por ordenador (CAD) de dúas bocinas e a caracterización dos modelos acústicos que describen a súa física, trabállase especialmente no estudo da influencia das diferentes xeometrías no seu comportamento e en consecuencia na súa sonoridade.

Os resultados das simulacións numéricas realizadas amosan unha estreita relación entre certas características das pezas estudadas e diferentes fenómenos acústicos, o que permite proporcionar ao ceramista información obxectiva e práctica sobre a orixe das fortalezas e debilidades do seu produto.
Volver