Secretaría Uvigo - Uso de Estación Remota de Vídeo Submarino con Cebo para a caracterización da ictiofauna na Área Mariña Protexida das Berlengas

Uso de Estación Remota de Vídeo Submarino con Cebo para a caracterización da ictiofauna na Área Mariña Protexida das Berlengas

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Bioloxía Mariña
CentroFacultade de Bioloxía
Dirección Titoría: Pablo Presa Martínez
Tribunal Vogalía: María del Pilar Molist García
Presidencia: Raúl Iglesias Blanco
Secretaría: Marcos Antonio Lopez Patiño
ResumoOs avances tecnolóxicos na gravación de vídeo submarino están a proporcionar novas oportunidades para monitorear comunidades de peces e utilízanse cada vez máis en estudos de ecoloxía mariña. Aínda que extraer datos de vídeos sexa moitas veces desafiante, identifícanse especies e pódense obter estimacións precisas de abundancia e riqueza específica. É especialmente adecuado para individuos cuxas actividades normais están restrinxidas a unha área delimitada, a partir de recontos promediados nun número relativamente baixo de ? frames? de vídeo. Neste estudo utilizouse un método non destrutivo, estación remota de vídeo submarino con cebo ( BRUVS ? Baited Remote Underwater Vídeo Station), para avaliar as especies de peces presentes na área Mariña Protexida das Berlengas (39º 24? 55?? N 9º 30? 34?? O). BRUVS utiliza cámaras de vídeo co fin de filmar e rexistrar individuos que cruzan o campo de visión. As gravacións realizáronse durante 4 meses, en 2021, contabilizando 19 horas de vídeo. Estimouse a representación trófica, a riqueza específica e a abundancia relativa. Durante este estudo observouse un total de 2074 peixes de 31 especies pertencentes a 16 familias. Sparidae e Labridae foron as familias máis representadas. Serranus cabrilla, Diplodus vulgaris e Coris julis foron as especies máis frecuentes, e Trachurus trachurus foi a especie máis abundante.

Palabras chave: BRUVS, Área Mariña Protexida das Berlengas, identificación de especies de peixes, biodiversidade mariña.
Volver