Secretaría Uvigo - Fotosíntesis nun océano máis cálido: efecto dun aumento de temperatura sobre a fisioloxía da diatomea Skeletonema costatum

Fotosíntesis nun océano máis cálido: efecto dun aumento de temperatura sobre a fisioloxía da diatomea Skeletonema costatum

Data de defensa14/09/2021
TitulaciónGrao en Ciencias do Mar
CentroFacultade de Ciencias do Mar
Dirección Titoría: Emilio Marañón Sainz
Cotitoría: Cristina Fernández González
Tribunal Secretaría: Mariano Lastra Valdor
Vogalía: Estefanía Paredes Rosendo
Presidencia: Luis Lugo Latas
ResumoA temperatura e a dispoñibilidade de nutrientes son dous dos factores chave que regulan a ecofisioloxía do fitoplancton. O aumento de temperatura e ondas de calor, cada vez máis recorrentes e acusadas, producen subidas de temperaturas que poden ter efectos directos sobre a fisioloxía dos organismos fotosintéticos, pero tamén indirectos a o afectar a dispoñibilidade de nutrientes na capa fótica. Moitos estudos experimentais estudaron ambos forzantes ambientais por separado, con todo é necesario estudar tamén o seu efecto interactivo. Este traballo analiza a resposta da diatomea Skeletonema costatum a un cambio súbito de temperatura de 4°C tras completar un ciclo completo de crecimento onde a dispoñibilidade de nutrientes disminúe ao entrar na fase estacionaria. Os resultados indican que a temperatura non tivo efecto sobre as taxas de crecemento, composición elemental e eficiencia fotosintética. Porén, a comparación dos datos nas distintas fases de crecemento mostraron diferenzas estadísticamente significativas para a maioría destas variables. Os ratios carbono:nitróxeno e carbono: clorofila a aumentaron ao chegar á fase estacionaria demostrando unha menor inversión en maquinaria fotosintética. Así mesmo, os datos de eficiencia fotosintética reflectiron unha baixa eficiencia do aparello fotosintético unha vez alcanzada a mesma fase. Isto suxire que o efecto da dispoñibilidade de recursos sobre a fisioloxía da especie estudada é maior que o efecto dun aumento repentino de temperatura, o cal ten implicacións ecolóxicas á hora de estudar e predicir os cambios na comunidade de fitoplancto no actual contexto de cambio global.
Volver