Secretaría Uvigo - Análise de cohortes da pescada europea, Merluccius merluccius (Linnaeus,1758)

Análise de cohortes da pescada europea, Merluccius merluccius (Linnaeus,1758)

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Xenómica e Xenética
CentroFacultade de Bioloxía
Dirección Titoría: María Paloma Morán Martínez
Tribunal Presidencia: Armando Caballero Rúa
Vogalía: Susana Magadán Mompo
Secretaría: David Posada González
ResumoA pescada europea (Merluccius merluccius (Linnaeus, 1758)) é unha especie demersal que habita a costa europea dende a costa de Mauritania ata a de Noruega, incluído o mar Mediterráneo. Esta especie localízase entre os 30 e os 500 metros de profundidade, habitando xuvenís e reclutas a menos de 125 metros e adultos a máis de 200 metros. Durante a campaña PELACUS0315 en 2015, recolléronse 100 mostras de pescada europea da zona VIIIES do CIEM empregando unha rede peláxica.
Os individuos procedían do mesmo conxunto e pescáronse a unha profundidade media de 156 metros. O tamaño dos individuos resultou ser moi variable, sendo exemplares de 8 a 41 cm. Isto é estraño xa que se trata dunha especie demersal na que, en xeral, os individuos están localizados a certa profundidade segundo a súa idade.
O obxectivo deste traballo é identificar o número de cohortes presentes na mostra e a súa relación de parentesco mediante xenotipos multilocus.
Volver