Secretaría Uvigo - Influencia do cambio climático na aparición de turbulencias na aviación

Influencia do cambio climático na aparición de turbulencias na aviación

Data de defensa27/07/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Titoría: María de las Nieves Lorenzo González
Cotitoría: Jorge Eiras Barca
Tribunal Vogalía: Carlos Ulloa Sande
Presidencia: Daniele Tommasini
Secretaría: Jacobo Antonio Troncoso Casares
ResumoExiste unha gran cantidade de análises e estudos sobre o impacto da aviación no cambio climático. Non obstante, o impacto deste na aeronáutica ten recibido menos atención.

Os principais efectos previstos do cambio climático no sector derivan dos cambios na temperatura, as precipitacións (choiva e neve), os patróns das tormentas, o nivel do mar e a circulación atmosférica a gran escala. As consecuencias destes acontecementos para a aviación inclúen a redución do rendemento das aeronaves, danos potenciais nas infraestruturas, pérdida da capacidade de carga e cambios nas rutas aéreas.

Ante este panorama, nos últimos anos comenzouse a estudar a repercusión do cambio climático na industria aeronáutica. Un dos grandes problemas que este pode provocar no transporte aéreo é o incremento na aparición de turbulencias en determinadas zonas que se poden ver especialmente intensificadas en certos meses do ano. Isto é un inconveniente considerable para a aviación, xa que supón pérdidas económicas sustanciais (reparacións, compensacións aos clientes e á tripulación por lesións, cambios de ruta...), ademais de que dana a reputación das aeronaves como medio seguro de transporte. Resulta fundamental analizar estes cambios para poder tomar decisións polo que respecta ás tecnoloxías a desenvolver que permitan evitar este tipo de encontros ou plantexar cambios nas traxectorias das rutas.

No presente estudo analízase nun dominio global a influencia climática sobre o incremento na aparición de turbulencias no século XXI, unha gran preocupación para o futuro do sector aeronáutico. Este proxecto en particular, centrarase nos encontros con turbulencias de aire claro (CAT). Con este obxectivo, usaranse os modelos climáticos do proxecto de Intercomparación de Modelos de Escenarios do CMIP6 (Coupled Model Intercomparison Project) establecendo unha comparación entre o escenario histórico (1950-2015) e diferentes escenarios futuros. Cos devanditos datos calculamos a variante 1 do Índice de Turbulencia de Ellrod a partir da deformación e os campos de vento ao nivel de presión de 250 hPa que está dentro das alturas de cruceiro habituais. Este índice empírico é un dos diagnósticos de turbulencia en aire claro máis utilizados e amosa unha habilidade significativa cando se utiliza para previsións operativas.

A análise do valor medio e as tendencias deste índice permítenos predecir un incremento significativo na incidencia dos mencionados encontros turbulentos nos principais corredores de rutas aéreas para o século XXI en tódolos escenarios considerados.
Volver