Secretaría Uvigo - Deseño e construción dun dron para uso en espazos confinados

Deseño e construción dun dron para uso en espazos confinados

Data de defensa27/07/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Titoría: Higinio González Jorge
Tribunal Vogalía: Carlos Ulloa Sande
Presidencia: Daniele Tommasini
Secretaría: Jacobo Antonio Troncoso Casares
Resumo No presente TFG recóllese o proceso de deseño e fabricación dun dron capaz de realizar tarefas de inspección en espazos confinados. O principal obxectivo deste proxecto é xerar un vehículo aéreo que poida moverse de forma segura no interior de zonas pouco accesíbeis, o que permitiría reducir os riscos laborais e incrementar a eficiencia deste tipo de controis.
Para iniciar o deseño do vehículo aéreo, realizouse un estudo das tecnoloxías dispoñíbeis para a exploración de espazos confinados. Este estudo revelou que o vehículo aéreo mais adecuado para a inspección de interiores era un multirrotor protexido por unha estrutura esférica denominada exoesqueleto. Partindo desta idea conceptual, foi dimensionado paso a paso cada un dos subsistemas do vehículo aéreo e seleccionáronse simultaneamente os compoñentes comerciais necesarios. A esfera protectora, a diferenza do resto de compoñentes, fabricouse a medida. Para iso dividiuse o exoesqueleto nas súas pezas elementais, fabricouse cada peza de xeito independente e uníronse a modo de ensamblaxe. Trala selección dos compoñentes e a fabricación do exoesqueleto, integrouse o vehículo aéreo e verificouse que o prototipo é capaz de voar en interiores.
En conclusión, ao longo de todo este proxecto desenvolveuse un cuadricóptero de inspección de 409 mm de diámetro e 900 gramos de peso, protexido cun exoesqueleto en forma de icosaedro truncado.
Volver