Secretaría Uvigo - Modelado, simulación e ensaio do comportamento dun subsistema estructural dun CubeSat de 1U para a medición de radiación cósmica en órbitas LEO.

Modelado, simulación e ensaio do comportamento dun subsistema estructural dun CubeSat de 1U para a medición de radiación cósmica en órbitas LEO.

Data de defensa01/07/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Titoría: Ricardo Javier Bendaña Jácome
Cotitoría: Rafael Comesaña Piñeiro
Tribunal Presidencia: María Beatriz Guitián Saco
Secretaría: Fernando Guillermo Isasi de Vicente
Vogalía: María de las Nieves Lorenzo González
ResumoNo presente TFG recóllense os procedementos necesarios para o modelado e posterior validación do subsistema estrutural dun CubeSat. Para iso, débese atender a unha serie de factores e restricións, que veñen determinadas por distintos aspectos.
Por unha parte, o tipo de misión, que determina a órbita de operación do satélite e os elementos necesarios para a súa operación. En relación a iso, elíxese o vehículo lanzador, que proporciona as condicións relativas ás cargas e vibracións que debe soportar a estrutura durante a fase de lanzamento, a cal resulta ser a máis crítica.
Por outra parte, débese prestar especial atención á normativa. Empregarase a CubeSat Design Specification (CDS), a Poly Picosatellite Orbital Deployer User Guide e a Normativa de Cooperación Europea para a Estandarización Espacial (ECSS), que proporcionan restricións relativas a aspectos mecánicos, de materiais ou de validación para os análisis.
Deste modo, neste TFG especificaranse os aspectos nomeados anteriormente, realizarase o modelado da estrutura do CubeSat empregando un programa de deseño CAD, un software de análisis FEM, e o desenvolvemento de ensaios experimentais no shaker para a validación da estrutura.
Volver