Secretaría Uvigo - Modelización 3D e simulación estrutural da estrutura tubular dun helicóptero ultralixeiro

Modelización 3D e simulación estrutural da estrutura tubular dun helicóptero ultralixeiro

Data de defensa01/07/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Cotitoría: Ricardo Javier Bendaña Jácome
Titoría: Rafael Comesaña Piñeiro
Tribunal Presidencia: María Beatriz Guitián Saco
Secretaría: Fernando Guillermo Isasi de Vicente
Vogalía: María de las Nieves Lorenzo González
ResumoA día de hoxe, a construción e o uso de helicópteros ultralixeiros está a cobrar una grande importancia, no que a traballos aéreos refírese, especialmente no ámbito educativo, xa que a súa incorporación á docencia de diversas asignaturas, como por exemplo aeronaves de á rotativa, permite ampliar nunha grande medida o interese e a curiosidade dos alumnos por este tipo de aeronaves. A súa vez, a construción deste tipo de aeronaves para o seu posterior uso, normalmente con fines didácticos e de recreo, permite profundizar en diversas materias, tanto estruturais como aerodinámicas, das aeronaves de ala rotativa.
Por todo isto, decídese abordar no presente proxecto o modelado 3D dun helicóptero ultralixeiro, basado nunha estrutura tubular, partindo dos planos acotados do helicóptero. Posteriormente, levarase a cabo un estudio estrutural das distintas partes da estrutura ante diversos esforzos externos e internos para comprobar o comportamento da aeronave, e estudar os resultados obtidos das simulacións.
Volver