Secretaría Uvigo - Optimización estructural no ámbito aeronáutico aplicada sobre un panel de fuselaxe con rixidización isogrid

Optimización estructural no ámbito aeronáutico aplicada sobre un panel de fuselaxe con rixidización isogrid

Data de defensa29/06/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Titoría: Borja Conde Carnero
Tribunal Vogalía: Higinio González Jorge
Presidencia: Matías García Rivera
Secretaría: Alejandro Manuel Gómez San Juan
ResumoDende fai varios anos atrás, o peso das emisións asociadas á aviación civil na contaminación global levou, entre outros aspectos, á busca de solucións alternativas no deseño das aeronaves. Actualmente, un dos obxectivos principais de deseño consiste en minimizar, o máximo posible, o peso dos avións para así conseguir unha redución no consumo de combustible e, consecuentemente, na expulsión de gases contaminantes.

Neste proxecto, preséntase a optimización estructural como unha técnica de cálculo que permite seleccionar, dentro dun conxunto de solucións posibles, o deseño que mellor responda a unha serie de condicións predefinidas. A optimización estructural desenvólvese a través de diversos algoritmos, moitos dos cales se aplican sobre compoñentes aeronáuticos co fin de reducir o peso dos mesmos sen afectar ás suas funcións e propiedades estructurais requiridas.

Para isto, escolleuse como compoñente a optimizar un panel dun fuselaxe non convencional, cunha configuración de rixidización moi estudiada na actualidade, denominada como isogrid. En base a isto, tratouse a importancia que están adquirindo estas novas configuración de fuselaxe no ámbito aeronáutico actual.
Volver