Secretaría Uvigo - Deseño do mecanismo de despregadura dunha vela solar e estudo da súa viabilidade en transferencias interplanetarias.

Deseño do mecanismo de despregadura dunha vela solar e estudo da súa viabilidade en transferencias interplanetarias.

Data de defensa30/06/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Titoría: Daniele Tommasini
Cotitoría: Fermín Navarro Medina
Tribunal Secretaría: Antonio Ferriz Mas
Vogalía: Arno Formella
Presidencia: Analia María García Lourenco
ResumoEste proxecto foi concibido coa idea de continuar co desenvolvemento da propulsión espacial mediante velas solares. Para isto fanse catro propostas de varios sistemas que permiten despregar unha vela solar no espazo, compáranse as súas características máis relevantes e elíxese a máis adecuada.

A continuación faise unha descrición en detalle do sistema escollido: descríbense os compoñentes, descríbese o método de automatización, concrétanse as súas dimensións para continuar co estudo e fanse análises mecánicos da estrutura.

No seguinte apartado comézase co estudo coa mecánica orbital da viabilidade de utilizar o sistema proposto en misións interplanetarias, poñendo Marte como obxectivo. En primeiro lugar analízanse a capacidade da vela solar para axudar a alcanzar o planeta vermello, así como a capacidade de modificar a órbita da nave para facilitar a inxección en Marte.

Finalmente inténtase simular o proceso de inxección en Marte tendo en conta a forza gravitacional do planeta, a forza da vela, a forza gravitacional do Sol (modelada como forza de marea dun terceiro corpo afastado) e o movemento do Sol durante a captura.
Volver