Secretaría Uvigo - Análise estrutural probabilístico no ámbito aeronáutico aplicado sobre un panel de fuselaxe rixidizado

Análise estrutural probabilístico no ámbito aeronáutico aplicado sobre un panel de fuselaxe rixidizado

Data de defensa30/06/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Titoría: Borja Conde Carnero
Tribunal Secretaría: Antonio Ferriz Mas
Vogalía: Arno Formella
Presidencia: Analia María García Lourenco
ResumoEste Traballo de Fin de Grao consiste na realización dunha análise estrutural probabilístico ou estocástico para a fuselaxe dun avión co fin de estudar a probabilidade de fallo ou o índice de fiabilidade deste baixo determinadas condicións.
Para iso, deseñouse unha porción da fuselaxe dun Boeing 707, o cal se someteu a dous casos de carga diferentes. Definíronse unha serie de entradas como variables aleatorias continuas que seguen unha distribución de probabilidade para introducir a incerteza á análise. Posteriormente, definíronse as funcións de estado límite relativas ao pandeo, aos deplazamentos e aos esforzos. Para a obtención dos resultados utilizáronse dous algoritmos de fiabilidade diferentes: First Order Reliability Method (FORM) e Directional Sampling (DS).
Por último, estudáronse os resultados e comparáronse as probabilidades de fallo obtidas cos límites establecidos pola normativa de EASA relativa a grandes avións.
Palabras clave:
? Análise estrutural probabilístico
? Variables aleatorias
? Función de estado límite
? Probabilidade de fallo
? FORM
? DS
Volver