Secretaría Uvigo - Análise probabilística que verifica a probabilidade de erro dunha ponte de aceiro para vía férrea.

Análise probabilística que verifica a probabilidade de erro dunha ponte de aceiro para vía férrea.

Data de defensa23/04/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Manuel Cabaleiro Núñez
Cotitoría: Borja Conde Carnero
Tribunal Vogalía: José Luís Diéguez Quintas
Presidencia: Antonio Riveiro Rodríguez
Secretaría: Abraham Segade Robleda
ResumoA través da vida útil das estruturas históricas, factores externos como os procesos de degradación mecánica por efectos ambientais ou danos causados por eventos de carga poden afectar significativamente a algúns dos parámetros de deseño do proxecto, como as dimensións da sección transversal dos perfís estruturais ou as propiedades mecánicas dos materiais. Para calcular con rigor os parámetros estruturais tendo en conta estes efectos adversos se empregan análises probabilísticas. Este traballo de fin de grao analiza a ponte de aceiro de Vicedo, situado na ría do Barqueiro, dada a necesidade de comunicar Ferrol con Xixón a través dunha conexión ferroviaria. Ten como obxectivo verificar a probabilidade de erro ou fiabilidade da estructura mediante métodos probabilísticas e de simulación.
Para verificar esta estrutura, son necesarios os seguintes pasos: realizar un cálculo determinista segundo o modelo ANSYS e a normativa IAPF vixente (Instrución de Accións a considerar nas Pontes Ferroviarias); agrupar os perfís da estrutura seguindo dous criterios: segundo o nivel máximo de tensión ao que están sometidos e segundo o tipo de perfil; e, finalmente, realizar un cálculo probabilístico da sección máis desfavorable da ponte en función dos dous criterios anteriores, tomando a densidade e o módulo de Young como variables probabilísticas.
Volver