Secretaría Uvigo - Deseño ergonómico dunha estación de soldadura para a fabricación de estruturas de asentos

Deseño ergonómico dunha estación de soldadura para a fabricación de estruturas de asentos

Data de defensa23/04/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Benito Bouza Rodríguez
Tribunal Vogalía: José Luís Diéguez Quintas
Presidencia: Antonio Riveiro Rodríguez
Secretaría: Abraham Segade Robleda
ResumoCo fin de obter un proceso de soldadura eficiente en termos de tempos de produción e poder obter a maior cantidade posible de produto cunha boa calidade. O obxectivo deste traballo é deseñar unha estación de soldadura coa que xerar conxuntos de asentos de coche.

A través de programas de deseño CAD, crearase unha cela de soldadura robótica e realizarase un estudo ergonómico da posición co que se pode obter información que axude ao traballador durante a súa xornada laboral a ter un traballo o máis seguro e cómodo posible.

Como resultado final, lograrase un traballo no que se automatizarán gran parte das tarefas de soldadura, evitando que o traballador sufra riscos debido a esta actividade, deixando ao operador responsable da colocación das pezas que compoñen o asento, o posterior extracción do conxunto soldado e transporte do mesmo. Ademais de comprobar que os asentos non presentan defectos, neste caso sería necesaria a estación de recuperación para realizar unha soldadura manual co fin de corrixir posibles deficiencias.
Volver