Secretaría Uvigo - Desenvolvemento e implementación dun sistema de cambio rápido de ferramentas en operación de torneado en serie.

Desenvolvemento e implementación dun sistema de cambio rápido de ferramentas en operación de torneado en serie.

Data de defensa23/04/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Alejandro Pereira Domínguez
Tribunal Vogalía: José Luís Diéguez Quintas
Presidencia: Antonio Riveiro Rodríguez
Secretaría: Abraham Segade Robleda
ResumoEste proxecto, desenvolvido durante o período de prácticas profesionais levadas a cabo na empresa GKN Driveline Vigo, detalla as dificultades e solucións existentes no desenvolvemento e implementación dun sistema de cambio rápido de ferramentas para unha aplicación de mecanizado en torno durante un proceso de produción en serie.
Este proxecto é necesario debido á estreita marxe de optimización dun sistema de cambio establecido durante anos como o método principal para as operacións de torneado na compañía, o que obriga á busca dun novo sistema que garanta unha serie de posibles melloras.
Neste proxecto pretendese reducir o tempo de inactividade de máquina derivado dos cambios de ferramentas mediante a implementación dun sistema de cambio rápido, así como aumentar o control sobre estas ferramentas e reducir a cantidade de chatarra emitida nesa operación en particular.
No desenvolvemento incluirase a análise das posibilidades do mercado e a selección da solución máis axeitada para o proceso de fabricación en cuestión. Realizarase o dimensionamento dos elementos necesarios para a súa implementación, creando un método de traballo e proporcionando as melloras axeitadas. Deste xeito, elaborarase unha análise da viabilidade do proxecto, así como do tempo estimado para o retorno do investimento que suporía a implantación total do sistema.
Volver