Secretaría Uvigo - Recuperación de ácido sulfúrico residual en efluentes industriais por electrodiálise.

Recuperación de ácido sulfúrico residual en efluentes industriais por electrodiálise.

Data de defensa23/04/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Claudio Cameselle Fernández
Cotitoría: Susana Margarida Alves Ferreira de Gouveia
Tribunal Vogalía: Estrella Álvarez da Costa
Secretaría: José Manuel Canosa Saa
Presidencia: Marta María Pazos Currás
ResumoA diálise é o proceso de separación das moléculas presentes nunha disolución a través dunha membrana semipermeable pola diferenza dos seus índices de difusión. Pola súa parte, a electrodiálise (ED) é a evolución desta técnica utilizando unha corrente eléctrica coma forza impulsora para conseguir a separación dos ións presentes na disolución a tratar. Esta técnica empregarase para a recuperación de ácido sulfúrico en correntes industriais residuais. En concreto, a reactivación electroquímica do carbón activo xera unha cantidade importante de ácido sulfúrico residual cunhas características que o fan moi interesante para a súa recuperación. A reciclaxe deste ácido sulfúrico permitirá reducir os custos de operación na reactivación electroquímica do carbón activo, sendo polo tanto esta reactivación máis sostible e atractiva economicamente.
Neste proxecto se realizará a montaxe dun sistema de electrodiálise a escala piloto que se empregará para a recuperación de efluentes de ácido sulfúrico residual. Estudiarase cales son as mellores condicións de operación para a eliminación de catións: calcio, sodio, potasio, ferro, aluminio e outros metais pesados; así coma anións: cloruro, nitrato, fluoruro,... presentes coma contaminantes no efluente de ácido sulfúrico residual a tratar.
Volver