Secretaría Uvigo - Desenvolvemento e implementación dun Plan Xeral de Mantemento para unha planta de produción do sector auxiliar do automóbil

Desenvolvemento e implementación dun Plan Xeral de Mantemento para unha planta de produción do sector auxiliar do automóbil

Data de defensa21/04/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Organización Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Arturo José Fernández González
Tribunal Secretaría: Santos Pérez Pereira
Vogalía: José Luis González Cespón
Presidencia: Manuel Doiro Sancho
ResumoNeste proxecto desenvolverase un Plan Xeral de Mantemento válido para o día a día da empresa. Este plan cubrirá as necesidades máis importante das liñas de produción, focalizándose en detallar o procedemento básico que se debe seguir dende o departamento de mantemento. Para elo, dividirase o proxecto en diferentes fases:

Comezaremos por entender as nocións básicas do mantemento dunha empresa, poñendo especial atención na parte operativa. Deixaremos clara a diferenza existente entre os diferentes tipos de actividades de mantemento: corrección, prevención e predición. Estes conceptos serán de grande utilidade máis adiante para entender o porqué de cada decisión tomada.

Unha vez asentadas as bases e conceptos xerais do noso proxecto, entraremos na fase de recoñecemento das diferentes ferramentas que poñe a nosa disposición a empresa (a nivel humano, software, maquinaría...) e que nos serán de grande utilidade para alcanzar os nosos obxectivos. Buscaremos xerar un bucle pechado entre tódalas ferramentas, é dicir, buscaremos interconectalas de tal maneira que teñan un sentido e obxectivo común.

Terminada a fase de recoñecemento, comezaremos a primeira fase práctica do proxecto: xestión do almacén. Para levar a cabo o noso plan, necesitamos ser conscientes de tódolos repostos que temos dispoñibles. Para elo, realizaremos un análises da prioridade dos repostos que temos tonas liñas, e actuaremos en consecuencia, asegurándonos de que, en caso de que o departamento de mantemento teña que actuar, teñamos o material a nosa disposición. A maiores, elaboraremos un procedemento de creación de repostos, para que esta xestión perdure no tempo, e de esta maneira o propio día a día da empresa poda cebar o sistema de información. Desta maneira, o almacén crecerá ao ritmo que demanden as liñas.

A seguinte fase do proxecto será a creación do Plan Preventivo. Para elo, acudiremos a diferentes fontes de información: recomendacións de provedores, datos históricos doutras plantas do grupo... coa finalidade de salvagardar as nosas liñas ante futuros desastres. Buscarase, na medida do posible, automatizar este Plan Preventivo das máquinas, coa finalidade de aumentar a rentabilidade a longo prazo. En resumo, xerarase un Plan Preventivo que perdure i evolucione no tempo.

Por último, unha vez establecido o Plan Preventivo, desenvolveremos un procedemento de accións correctivas (ben sexan aleatorias ou derivadas do Plan Preventivo). Seguindo un esquema similar ao mencionado anteriormente, buscaremos, en caso necesario, automatizar estes procedementos.

Como conclusión a todas estas fases, centraremos os nosos esforzos na monitorización continuada do noso sistema ao longo do tempo, coa finalidade de retroalimentalo de tal maneira que atopemos posibles puntos de mellora. Buscaremos, polo tanto, almacenar i estudiar toda información de interese para a empresa, pudendo chegar a determinar tendencias que escapan ao ollo humano e que nos abren novas portas.
Volver