Secretaría Uvigo - Análise do impacto económico da improdutividade en unha obra de construción industrial

Análise do impacto económico da improdutividade en unha obra de construción industrial

Data de defensa21/04/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Organización Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Arturo José Fernández González
Tribunal Secretaría: Santos Pérez Pereira
Vogalía: José Luis González Cespón
Presidencia: Manuel Doiro Sancho
ResumoO Traballo de Fin de Grao a realizar trátase dun proxecto levado a cabo en colaboración coa consultoría Altran, concretamente co departamento Altran Forensic.

Este mencionado proxecto nace debido á necesidade de unha empresa, neste caso un contratista civil, de calcular os días de demora causados por un contratista mecánico, de realizar unha análise das súas improdutividades (contratista civil) e de calcular os custos incorridos debido a estas improductividades como consecuencia da mala xestión deste contratista mecánico, co fin de presentar unha reclamación de carácter económico á devandita empresa causante.

Esta problemática xurdiu na execución da tubaxe forzada dunha central hidroeléctrica de bombeo. O procedemento da devandita obra establecía dúas fases construtivas diferenciadas pero colaborativas entre ámbalas partes implicadas, o contratista mecánico e o contratista civil.

A desviación na execución de unha das fases por parte do contratista mecánico provocou un atraso na construción que repercutiu directamente na produtividade do contratista civil. Debido a isto, o contratista civil demandou os servizos do departamento Altran Forensic co fin de realizar un estudo no ámbito pericial que analice a improductividade sufrida por el como consecuencia da mala praxe do contratista mecánico e que cuantifique os custos directos derivados da súa improdutividade, así como os custos de maior permanencia da obra derivados do consecuente atraso.

O primeiro paso a seguir, será a cuantificación dos días de demora causados polo contratista mecánico na actividade de instalación, soldadura das virolas (fragmentos da tubaxe tamén denominados ?tubos?) e validación destas. Paralelamente, calcularase o custo diario que lle supón ao contratista civil un día de traballo na obra e, unha vez achado ese valor, multiplicarase polos días de demora calculados anteriormente dando así como solución, a cantidade reclamable por parte do contratista civil ao contratista mecánico.

Para a análise da improductividade, realizarase un estudo sobre as metodoloxías máis recoñecidas para a determinación da improdutividade en actividades construtivas e seleccionarase aquela que máis se adecúe á documentación de obra dispoñible. A continuación, establecerase unha liña base de produtividade que se ha de comparar coa produtividade real establecendo así, as HH (Horas-Home) improdutivas investidas na actividade do hormigonado da tubaxe forzada.

Por último, para a cuantificación dos custos, realizarase unha análise da contabilidade e facturación da entidade reclamante onde se determinarán aqueles custos que son recoñecidos no sector como os custos por maior permanencia.
Volver