Secretaría Uvigo - Caracterización automática de manchas de psoriasis.

Caracterización automática de manchas de psoriasis.

Data de defensa23/04/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Javier Martínez Torres
Tribunal Vogalía: José Fariña Rodríguez
Presidencia: Francisco Rodríguez Castro
Secretaría: José Luís Camaño Portela
ResumoCo auxe da integración das novas tecnoloxías nos ámbitos sanitarios, faise cada vez máis
frecuente a necesidade de buscar solucións que optimicen a capacidade diagnóstica e de
xestión de tratamento dos pacientes para mellorar a súa calidade de vida causando o menor
impacto posible.
Por iso, neste Traballo Fin de Grao se propón unha solución diagnóstica e de seguimento
da evolución da enfermidade para lesións de psoriasis baseándonos nos algoritmos de
procesado de imaxe. Seguindo esta liña de traballo, establecerase unha estratexia de
caracterización e extracción de parámetros de fotografías que poden ser tomadas polos
propios usuarios sen necesidade de acudir a un centro médico, conformando unha
alternativa rápida e cómoda ás consultas presenciais existentes.
Deste xeito, e integrado nun soporte externo, o sistema encargarase de preparar a imaxe
para eliminar aqueles elementos que non resulten interesantes para o diagnóstico como
poden ser o pelo ou rexións de pel sá, este último mediante o emprego de marcadores
adhesivos que delimiten a mancha no momento de tomar a fotografía. Posteriormente,
detectaranse os contornos da lesión e procederase á clasificación en dous tipos: gota ou
mancha, que son nos que se vai centrar esta solución de entre todos os existentes. Por
último, procederase á extracción de parámetros relativos a niveis de intensidade das cores
características, vermella e branca, servindo así de guía para os especialistas e podendo ser
almacenados nunha base de datos para posteriores investigacións.
Para probar a eficacia da metodoloxía e da solución proposta, unha vez se desenvolveron
os algoritmos, vaise procesar una mostra de imaxes que nos permita comprobar o
funcionamento esencial da aplicación e a súa viabilidade.
Volver